Hemeroteca celtismo

A tenda reabre as súas portas con prezos especiais por San Valentín

RC Celta

 tienda060216.jpg

 

A tenda oficial do Celta reabriu as súas portas este sábado nunha localización provisional, fronte as billeteiras do estadio, onde permanecerá durante as obras de remodelación da bancada Tribuna/Preferencia.

 

O establecemento céltico reinicia a súa actividade con descontos especiais en 4 produtos oficiais da marca Adidas para celebrar o San Valentín. O chubasquero, a parka o chándal e a primeira equipación poden adquirirse ata o 14 de febreiro cunha gran rebaixa, acumulable ao desconto de abonado.

 

A tenda permanece aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

 

sanvalentin1516.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas