O Celta regresa a Europa por décima tempada na súa historia, co orgullo de levar por todo o continente os seus acenos de identidade máis representativas. Por iso, esta noite, no saúdo de capitáns previo ao encontro Stuttgart – Celta, ademais do habitual banderín entregarase un agasallo moi especial ao equipo alemán: unha pandeireta tradicional, símbolo da cultura galega, feita a man polo artesán vigués Miguel Rivas.
Esta iniciativa repetirase en todos os partidos que o Celta dispute esta tempada na Europa League. As pezas, elaboradas en exclusiva para esta ocasión, están feitas en madeira de cerdeira do país, dobrada manualmente, e contan con catro pares dobres de ferreñas temperadas. Ademais, levan gravados os nomes de ambos os equipos e a data do encontro.
Con estas entregas, e aproveitando o gran escaparate da Europa League, o Celta quere compartir unha parte das súas raíces cos clubs que se crucen no seu camiño, nun xesto que une fútbol, cultura e tradición.