Hemeroteca club

A unión de equipo e afección, máis necesaria que nunca este sábado ante o Getafe

RC Celta

celebracion_celta_1314.jpg

O Celta pode dar un paso de xigante cara o obxectivo da permanencia

 

O Celta, que suma catro partidos sen perder, ten este sábado unha oportunidade única para dar un paso de xigante cara ao obxectivo da permanencia. Neste complicado encontro ante o Getafe (sábado, 18.00 horas), o papel da afección será completamente determinante, polo que o club fai un chamamento a abonados e afeccionados para que acudan a Balaídos para empuxar ao equipo cara a un triunfo que referende a súa boa liña e aumente o seu nivel de confianza.

 

Partido de especial importancia ante un rival ferido que acode a Balaídos coa necesidade de romper a súa dinámica negativa. Encontro crucial para un Celta que acumula catro partidos sen derrotas e que necesita a vitoria, non só para manter o seu nivel competitivo, senón tamén para seguir crecendo ante o complicado calendario que lle agarda.

 

A unión de afección e equipo demostrou en numerosas ocasións nas últimas tempadas a súa forza, irresistible. A importancia deste encontro ante o Getafe require dunha nova demostración da fortaleza da comuñón entre ambos. Son tres puntos necesarios para dar un salto de gran magnitude que só será posible co celtismo empuxando de maneira decidida. A afección, máis que nunca, será o xogador número 12.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas