Hemeroteca celtismo

Á venda as entradas para o derbi de Balaídos

RC Celta

celdepurujonny243

 

BILLETEIRAS – ESTADIO DE BALAÍDOS

986.213.230 / 986.213.234 / [email protected]

Entradas online en www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

Os despachos de billetes de Balaídos e a web www.celtavigo.org/taquillaCelta comezaron a despachar as entradas para un dos partidos máis emocionantes do calenadario ligueiro: o derbi galego ante o Deportivo. O RC Celta mídese ao conxunto branquiazul o domingo 23 de outubro ás 12:00 en Balaídos, coincidindo coa xornada 9 de Primeira División. Os prezos dos billetes para este choque oscilan entre os 70 e os 110 euros en categoría Adulto e entre 50 e 70 para Sub-25.

 

Este encontro foi designado como ‘Día do Club’, polo que os abonados que tramitaron o seu carné despois do 8 de xullo, é dicir, fóra do prazo para beneficiarse das condicións especiais, deberán adquirir un suplemento que ten un custo de 20€ para categoría Adulto e de 10€ para o resto salvo os menores de 8 anos, que tan só deberán abonar 8€.

 

O horario dos despachos de billetes de Balaídos é de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres.

 

preciosdepor270916.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas