Captura de pantalla 2026-08-14 a las 12.25.10
Celtismo

Á venda as entradas para o partido a domicilio ante a Real Sociedad

RC Celta

Xa está dispoñible a pre-reserva das localidades para o encontro a domicilio ante a Real Sociedad, que terá lugar o vindeiro 3 de setembro ás 21:00 h.

Por outra banda, respecto ao partido a domicilio ante o Getafe do 7 de setembro, o club informa de que, debido ás obras no seu estadio, o equipo azulón non disporá de entradas para a afección celtista.

A continuación, explicamos polo miúdo como realizar o proceso e cales son os pasos que hai que seguir desde o Portal do Celtista para esta reserva de entradas en Anoeta:

1. Pre-reserva e adxudicación

Para optar a unha entrada na bancada visitante, cuxo prezo será de 30 €, é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista, de maneira individual ou en grupo (dun máximo de 6 celtistas), e efectuar un pagamento de pre-reserva de 5 euros, co obxectivo de que as peticións sexan en firme. Este importe será devolto no caso de non resultar seleccionado/a.

Este pagamento non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se rexe polos seguintes criterios:

  • 75 % das entradas adxudícanse segundo a antigüidade. No caso dos grupos, tense en conta a media de antigüidade, mentres que nas solicitudes individuais se considera a antigüidade persoal.
  • 25 % das entradas adxudícanse mediante un sorteo entre os restantes solicitantes.

Unha vez finalizado o proceso de adxudicación, todas as persoas inscritas recibirán un correo electrónico informando sobre o resultado da súa solicitude. O luns 13 de abril será o día no que se comunicará por email ás persoas gañadoras do sorteo.

2. Pagamento final para as persoas seleccionadas

As persoas celtistas que resulten seleccionadas recibirán un correo de confirmación coas instrucións para completar a compra, aboando a diferenza respecto da pre-reserva realizada.

Para formalizar a compra, deberán seguir estes pasos:

  • Acceder ao Portal do Celtista e dirixirse ao apartado «Entradas Visitante».
  • Completar o pagamento nun prazo máximo de 48 horas desde a recepción do correo.
  • Recibir a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.

⚠️ Importante: Se o pagamento non se realiza dentro do prazo indicado, perderase o dereito á compra da entrada e o importe da pre-reserva non será reembolsado.

3. Devolución para as persoas non seleccionadas

Aquelas persoas afeccionadas que non resulten seleccionadas recibirán un correo coa notificación e, de maneira automática, o club procederá ao reembolso íntegro do importe da pre-reserva, utilizando o mesmo método de pagamento empregado durante a inscrición.

4. Confirmación e entrega das entradas

As persoas que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pagamento non é válido como entrada. As localidades serán en formato dixital e enviaranse ao correo electrónico da persoa celtista unha vez finalizado o prazo de venda.

Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.

A preinscrición para as entradas de ambos os partidos está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe ata o venres 21 de agosto ás 12:00 h. Lembramos que as entradas son nominativas e será necesario presentar o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.

Vémonos en Anoeta, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas