ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

Á venda as entradas para o partido ante o Villarreal, de novo con desconto para abonados

RC Celta

Trala xesta ante o FC Barcelona, cunha histórica remontada na segunda metade dun equipo que recibiu da grada a forza e a fe necesarias, o RC Celta recibe o vindeiro sábado 20 ás 14:00 horas en Abanca Balaídos a un rival de gran nivel, o Villarreal CF. Para este encontro, no que de novo será vital a enerxía do celtismo, o club pon á venda entradas con prezos entre os 15 e os 60 euros e ademais ofrece un desconto do 15 por cento no prezo da entrada aos seus abonados.

Ademais, nesta ocasión, o club lanza unha nova promoción destinada aos ex abonados que non renovaron nas tres últimas tempadas, que dispoñerán dun desconto do 10 por cento no prezo das entradas.

Puedes acceder a toda la información sobre precios y condiciones AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas