Horario oficina: de 10 a 14 e de 17 a 20h (L-V) | Horario taquillas: de 10 a 14 e de 17 a 22h (sábado)
A oficina de abonados e o despacho de billetes online empezaron a despachar as entradas para as xornadas 3 e 5 de Primeira División, nas que o RC Celta mídese á Real Sociedade e ao Deportivo da Coruña.
Os prezos para o choque ante o conxunto donostiarra (sábado 13, 22h) volven ser os habituais durante a pasada tempada, entre 25 e 50 euros para a categoría Adulto e entre 15 e 25 para Sub-25. Ante o Deportivo (martes 23, 22h) os billetes custarán entre 45 e 70 euros para adultos e entre 35 e 45 para os máis novos, prezos inferiores aos que se establecerán noutros ‘Días do Club’ polos especiais condicionantes deste partido.
Os abonados que renovaron ou se deron de alta até o 11 de xullo de 2014 non terán que pagar suplemento para asistir ao encontro ante o Deportivo, mentres que os que xestionaron o seu carné con posterioridade á devandita data deberán adquirilo a un prezo de 20 euros para adultos e de 10 euros para Sub-25 antes do 16 de setembro.
O club anima a todos os abonados e afeccionados celestes a acudir ao estadio para apoiar ao equipo desde antes do comezo dos partidos, participando en iniciativas de animación como o coro das aliñacións ou o himno a capela. Unha tempada máis, o apoio do celtismo en Balaídos seguirá sendo transcendental ata a última xornada.