iago-aspas-celta-atletico-liga-2017-2018-balaidos.jpg
Celtismo

A venda online do Celta-Atlético finaliza este venres ás 20:00

RC Celta

A venda online das entradas para o partido ante o Atlético de Madrid concluirá este venres ás 20.00 horas e o sábado, día do encontro, poderanse adquirir exclusivamente nas billeteiras do estadio en horario continuado de 10:00 a 18:30 horas.

O prezo das entradas oscila entre os 20 e os 90 euros para un encontro incluído entre os declarados como Día do Club, polo que os abonados que tramiten o seu carné despois do 20 de xullo deberán retirar un suplemento (20 euros para categoría adulto, 5 para os menores de 8 anos e 10 para o resto). Ao ser Día do Club non se emitirán invitacións para os carnés Miudiño.

O horario das billeteiras do estadio de ABANCA Balaídos é de luns a venres de 09:00 a 15:00 horas e o sábado desde as 10:00 horas ata o comezo do encontro. As entradas estarán tamén á venda, ata o venres, na páxina web oficial e en tickets.rccelta.es.

O club insta aos afeccionados a que na medida do posible adquiran as súas entradas antes do sábado para evitar colas nas billeteiras e recorda que, ante calquera incidencia, pódese empregar o servizo de atención ao afeccionado: Escoitamos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas