Os profesionais médicos da Clínica RC Celta ofrecerán a súa experiencia e coñecementos aos participantes do Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay edp. A soada proba de atletismo en ruta contará na súa vixésima edición co centro médico celeste como colaborador oficial e clínica de referencia.
Todos os participantes da proba, poderán acceder a un dossier elaborado pola Clínica RC Celta no que se recollen consellos tanto para a fase de preparación do atleta, como durante a carreira. Un documento de enorme valor para calquera deportista, profesional ou amateur, que foi elaborado polo equipo médico do Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, médico da Selección Española e director da Clínica RC Celta.
Ademais, só por participar na Vig-Bay edp, os corredores poderán acceder a unha selección de servizos médicos da Clínica RC Celta específicos para esta proba cun 20% de rebaixa, un prezo especial que poderán gozar até o 8 de maio.
A XX Medio Maratón e I Maratón Gran Baía Vig-Bay edp celébrase o próximo 7 de abril e as inscricións, para as dúas distancias, xa están abertas na web do evento: www.vig-bay.com
Clínica RC Celta
A Clínica RC Celta, situada no edificio A Sede da viguesa Rúa do Príncipe, ofrece a mellor atención en fisioterapia, traumatología e outros servizos médicos non só a deportistas profesionais, senón a calquera outro paciente.
Baixo a dirección do Dr. García Cota, o centro médico celeste pon a disposición da cidadanía o coñecemento e experiencia dos mellores profesionais do sector, entre eles os fisioterapeutas e médicos do RC Celta.
Citas: 886.160.955 (luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas).