A Xunta de Accionistas do RC Celta aprobou esta tarde sen votos en contra e o 99.76 por cento a favor as contas anuais do pasado exercicio, que depararon un beneficio de 23 millóns de euros netos. Tamén foi aprobado co 99.69 por cento dos votos o orzamento da presente tempada, que prevé 68 millóns de euros en ingresos e unhas ganancias de máis de 3,6 millóns de euros.
Con similar apoio, foi reelixido o consello de administración co presidente, Carlos Mouriño, á cabeza.
Na xunta estiveron representadas 237.635 accións, un 63.03 por cento do capital do club con máis dun centenar de asistentes.
A directora financeira, María José Herbón, expuxo con detalle as contas da entidade destacando os fitos financeiros alcanzados, cuns ingresos de 96 millóns de euros e 23 millóns de euros de beneficios netos. Subliñou ademais a cifra de patrimonio neto, que supera os 58 millóns de euros, e o fondo de manobra, de máis de 16 millóns de euros. Para finalizar, explicou o contido do orzamento da presente tempada.
O director deportivo, Felipe Miñambres, desgranó pola súa banda as accións realizadas na área deportiva. Tralas exposicións, deuse paso á habitual quenda de ruegos e preguntas, no que o presidente celeste, Carlos Mouriño, contestou con detalle as cuestións suscitadas, pero antes tivo unha emotiva mensaxe de apoio e agarimo cara ao ex técnico celeste Eduardo Berizzo.
.