ESCUDO-1300x400-01
Novas club

A Xunta de Accionistas aproba con ampla maioría as contas e un orzamento histórico de 87 millóns

RC Celta

O Salón Regio de A Sede acolleu esta tarde a Xunta Xeral de Accionistas do RC Celta da tempada 2021/2022, na que estiveron representadas un total de 280.576  accións, o 74,42 por cento do capital social. A Xunta aprobou o informe de xestión, a xestión do consello de administración e as contas anuais da pasada campaña, que volveron rexistrar beneficios tras o azoute da pandemia, cun 99,98 por cento dos votos.

O orzamento, de 87 millóns de euros, para a presente tempada obtivo o 99,97  por cento de respaldo dos votos. “É o orzamento máis ambicioso que se trouxo á Xunta de Accionistas”, explicou a directora corporativa do club, María José Herbón, quen comentou ademais que os obxectivos xerais son “avanzar no proxecto deportivo, en investimentos estratéxicos, desenvolvemento tecnolóxico, GS 360 e o plan de internacionalización”.

María José Herbón destacou na súa intervención inicial tres puntos positivos nas contas da entidade: “Se tivésemos que definir en titulares as accións máis importantes serían resultado positivo ante o orzamento aprobado na anterior xunta, que era 11 millóns de perdas; a firma do préstamo con CVC e que son contas reformuladas”.

Tras a intervención da directora corporativa, o responsable de Fútbol Denominación de Orixe Celta, Carlos Hugo García, explicou a situación da canteira celeste desde a pasada tempada e Juan Carlos Calero, coordinador deportivo, fixo o propio cun informe detallado o primeiro equipo.

A Xunta concluíu cos rogos e preguntas dos asistentes e a aprobación da acta da Xunta. O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, contestou con detalle ás dúbidqs e cuestións dos accionistas, centradas na situación financeira e o futuro deportivo.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas