xunta celta 2020
O Club

A Xunta de Accionistas aproba con amplia maioría contas e orzamentos

RC Celta

A Xunta de Accionistas do RC Celta, celebrada este venres de xeito telemático no Salón Regio de A Sede, aprobou cunha ampla maioría as contas anuais que recollen uns ingresos de máis de 107 millóns de euros e 10,7 millóns de euros de beneficios nun ano moi complicado como consecuencia da crise sanitaria e económica xerada polo Covid-19.

O primeiro punto da orde do día, exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión individuais da Sociedade do exercicio pechado a 30 de xuño de 2020, foi aprobado co 99,84 por cento e 99,83 por cento respectivamente.

O punto segundo, exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión consolidados da Sociedade coas súas entidades dependentes do exercicio pechado a 30 de xuño de 2020, foron apoiados ambos polo 99,81 por cento .

En canto ao punto terceiro,  exame e aprobación, no seu caso, da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2020, foi aprobado tamén polo 99,81 por cento dos accionistas.

O orzamento da presente tempada, de 71,5 millóns de euros, foi apoiado polo 99,70 por cento dos votos.

Á Xunta asistiron persoalmente, de xeito telemático, 47 accionistas, 3 deles representados, cun total de 275.560 accións  e un 73,1 por cento do capital social.

Tralas intervencións da directora corporativa, María José Herbón, quen analizou de xeito pormenorizado as contas e a situación global e financeira do club, interveu o director deportivo, Felipe Miñambres, quen detallou a situación deportiva do club.

Na quenda de ruegos e preguntas, o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, abordou diferentes cuestións relacionadas co ámbito deportivo e social.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas