Hemeroteca club

A Xunta de Accionistas do RC Celta aproba con máis do 99 por cento dos votos contas e orzamento

RC Celta

junta2016.jpg

 

A Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Celta, co 61,12 por cento do accionariado representado, aprobou co respaldo do 99,48 por cento dos accionistas as contas da pasada tempada, cun beneficio de 9 millóns de euros. Tamén aprobou, cun 99,22 por cento de votos a favor, o orzamento da presente tempada, sobre 77 millóns de euros e cun beneficio previsto de 13?6 millóns.

 

A Xunta comezou cunha completa exposición das contas por parte da directora financeira do club, María José Herbón. Tras a súa intervención, o director deportivo celeste, Felipe Miñambres, presentou aos accionistas o traballo realizado na súa área. Despois da emision dun emoivo vídeo sobre a evolución do club no últimos dez anos, a xunta concluíu coa habitual quenda de rogos e preguntas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas