Hemeroteca club

A Xunta de Accionistas do RC Celta aproba sen votos en contra contas anuais e orzamento

RC Celta

151120_Xunta_2015_web.jpg

 

A Xunta de Accionistas do Real Club Celta aprobou esta tarde co 99,95 dos votos a favor e ningún en contra as contas anuais, cuns beneficios de 14,8 millóns de euros, e o informe de xestión, así como a aplicación do resultado. O orzamento da presente tempada, de preto de 40 millóns de euros, obtivo o respaldo do 99,93 por cento dos votos e ningún en contra.

 

Á xunta asistiron máis dun centenar de accionistas cun total de 231.285 accións, o 61,35 por cento do total.

 

A Xunta aprobou tamén a reelección do seis conselleiros actuais polo prazo de dous anos e a ratificación da adquisición do inmoble da rúa do Príncipe destinado a albergar a sede social do club.

 

A xunta comezou coa proxección dun vídeo elaborado por Celta TV cos acontecementos máis destacados da campaña 14/15 e contou coa intervención do director deportivo, Miguel Torrecilla, para analizar a tempada e o traballo da secretaría técnica. 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas