foto-familia-equipos-playoff-ascenso-tercera-balaidos-150720.jpg
Novas club

ABANCA Balaídos acolle a presentación da fase de ascenso a Segunda División B

RC Celta

Este mércores o estadio ABANCA Balaídos acolleu a presentación do playoff de ascenso do grupo galego a Segunda División B que se disputará no estadio celeste desde esta fin de semana. Sobre o céspede estiveron presentes Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Ricardo Barros, vicepresidente do RC Celta, e os presidentes, adestradores e capitáns do catro equipos participantes nesta fase final: SD Compostela, CD Barco, Ourense CF e Arousa SC.

Ricardo Barros entregou aos mandatorios dos clubs que optan ao ascenso á categoría de bronce do fútbol español unha camiseta personalizada do RC Celta.

A primeira semifinal entre a SD Compostela, campión do grupo galego, e o CD Barco, cuarto clasificado, disputarase o sábado 18 de xullo, e ao día seguinte mediranse por un posto na final o Ourense CF e o Arousa SC, segundo e terceiro respectivamente. Os dous vencedores disputarán a final o seguinte fin de semana.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas