Mañá, mércores 6 de agosto, Abanca Balaídos abrirá as portas de Tribuna Baixa a partir 18:30h para presentar ante a afección ás novas caras que, ata o momento, chegaron ao primeiro equipo celeste. Ás 19:00h o celtismo coñecerá no estadio a Ferran Jutglà, Andrei Radu e Bryan Zaragoza. Os novos pupilos de Claudio Giráldez falarán un pouco sobre a súa chegada a Vigo, asinarán autógrafos e lanzarán balóns.
O Celta anima á afección a que acuda con tempo a Abanca Balaídos para gozar desta presentación e arroupar aos futbolistas a menos dunha semana do arranque de LALIGA EA SPORTS 24/25 ante o Getafe.