20260313_AdriPartido_CELTAvsLYON_Aficion
Celtismo

Abanca Balaídos amplía a súa capacidade no inicio dunha nova tempada

RC Celta

20260313_AdriPartido_CELTAvsLYON_Aficion

A tempada 2026/27 xa está en marcha e o Celta volve afrontar un ano con grandes retos por diante, con LaLiga como escenario habitual e o regreso da UEFA Europa League como aliciente para volver vivir as grandes noites europeas en casa.

Un novo curso que comeza, como non podía ser doutro xeito, co respaldo de todo o celtismo. Actualmente, o número total de Carnéts Celtistas sitúase en 45.812, sumando todas as modalidades. Son miles de persoas que volven elixir estar preto do Celta, compartir un mesmo sentimento e loitar xuntos por un mesmo obxectivo nunha tempada moi especial.

Por outra banda, tamén crece a capacidade de Abanca Balaídos. O avance das obras de remodelación do estadio permitiron a apertura parcial da bancada de Gol, elevando a súa capacidade actual ata os 23.432 espectadores.

Así, máis de 23.000 corazóns celestes poderán volver darse cita no templo celeste que recupera aos poucos a súa capacidade mentres o celtismo segue enchéndoo de vida.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas