20210403_Aficion-49
Celtismo

Abanca Balaídos, con tres gradas pechadas, acollerá a 2.686 abonados este sábado

RC Celta

 

20210403_Aficion-49

O RC Celta despedirá este sábado ante o Betis (Abanca Balaídos, 18.00 horas) unha magnífica tempada na que xa garantiu unha meritoria oitava praza. Só unha pequena parte dos abonados celestes terán a oportunidade de asistir a este encontro, no que o conxunto céltico buscará superar a mellor racha da súa historia de vitorias consecutivas en Primeira División. Finalmente, serán un total de 2.686 as localidades que poderán ocuparse, xa que o Concello de Vigo non permite a utilización das gradas de Marcador, Río Baixo e Fondo.

O club enviaralle este venres aos abonados que poderán asistir ao encontro o enlace para que retiren as entradas, así como a información necesaria para que poidan acudir de xeito seguro ao estadio. O RC Celta lamenta profundamente non poder contar cun maior número de abonados no partido que pecha esta espléndida e ilusionante tempada, pero as medidas de seguridade sanitarias e a redución en máis do 40 por cento do aforo do estadio por mor da negativa do Concello a permitir a utilización de Marcador Río Baixo e Fondo só posibilitan a asistencia dos mencionados 2686 abonados.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas