Os prolegómenos do partido entre RC Celta e Cádiz CF estiveron protagonizados por tres vigueses que son auténticos exemplos de éxito e superación no deporte. Abanca Balaídos dedicou unha sonora ovación a Susana Rodríguez, flamante campioa paralímpica de tríatlon nos XXOO Paralímpicos de Tokio, ao seu guía, Celso Comesaña, e a Agustín Alejos, diploma paralímpico en baloncesto adaptado.
O RC Celta e a Fundación Celta organizaron este merecido tributo, no que se entregaron camisetas personalizadas aos homenaxeados e que tivo como colofón o saque de honra a cargo de Susana Rodríguez. O celtismo dedicou unha tremenda ovación desde a bancada.