ESCUDO-1300x400-01
Novas club

Abanca Balaídos estrea céspede híbrido de última xeración

RC Celta

O RC Celta culminou hoxe a instalación do novo céspede de Abanca Balaídos tras varios días de intenso traballo. O tapete, que se estreará este sábado no derbi, é un híbrido de última xeración que mellora de maneira notable ao existente con anterioridade e posibilita un mantemento máis eficaz e sinxelo. Un total de 19 camións frigoríficos -para garantir a súa óptima conservación- trasladaron o novo céspede ao estadio, que tamén estreará sistema de rego tras a substitución do antigo por un máis moderno e funcional.

O club dispoñerá desta maneira dun céspede híbrido de última xeración idéntico, por poñer un exemplo, ao utilizado na final da Champions de París.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas