Tras un ano de doloroso silencio, o estadio de Abanca Balaídos volve á vida. O Celta B arrincará no estadio celeste a loita polo ascenso a Segunda División este sábado ás 16.00 horas fronte ao Valladolid Promesas. A este encontro, de vital importancia dada a brevedade da competición, poderán asistir un total de 1000 abonados, segundo establecen os protocolos sanitarios adecuados á capacidade do campo.
Poderán obter entradas, de xeito gratuito, aqueles abonados que renovaron o seu carné ou se deron de alta para á tempada 20/21 e entre eles terán prioridade aqueles que non acudiron aos encontros anteriores e os que na pasada campaña optaron polo monedero dixital, realizaron unha donación á Fundación ou renunciaron á devolución.
Os abonados poderán solicitalas desde este momento na seguinte ligazón e deberán indicar a que bancada queren acudir: Tribuna Alta ou Tribuna Baixa, ademais de cubrir online a pertinente declaración responsable.
A confirmación da entrada asignada a cada abonado realizarase este venres por correo electrónico, onde tamén se indicará a grada e as portas polas que ten que acceder.