
A Fundación Celta anuncia a apertura do prazo de inscricións para a IX Invasión Celeste by Grupo Profand, a esperada carreira popular que se celebrará o próximo 26 de abril. Un evento xa consolidado como unha auténtica festa do celtismo que combina deporte, familia e solidariedade nunha xornada pensada para todas as idades.
Ademais de reunir por centos de afeccionados en torno ao deporte, a carreira volve ter un importante compoñente solidario. O Grupo Profand achegará un euro adicional por cada euro que os participantes decidan doar voluntariamente durante o proceso de inscrición, multiplicando así o impacto da iniciativa. O importe recadado destinarase á Asociación CTNNB1 España, entidade creada por familias de nenos afectados pola síndrome CTNNB1, un trastorno xenético grave do neurodesarrollo. Esta asociación traballa para acompañar e apoiar ás familias, ofrecer información e orientación, así como promover a investigación para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas. Tamén impulsa actividades solidarias, iniciativas de sensibilización social e programas de axuda para terapias necesarias.
A edición deste ano incorpora importantes novidades para seguir ampliando a participación. A Fundación García Chillón Orlando patrocina unha nova categoría inclusiva, pensada para que máis persoas poidan formar parte desta gran festa do deporte. Ademais, incorpórase a modalidade de andaina, ampliando as opcións para quen prefire completar o percorrido camiñando.
Modalidades e prezos
10K, 5K, Andaina e Inclusiva
- 13 € ata o 26 de marzo
- 16 € do 27 de marzo ao 19 de abril (data límite de inscrición)
Categorías base
- 1K e 50 m: 10 €
Horarios de saída
10:00h. – Rúa Príncipe
10K, 5K, Andaina e Inclusiva
11:30h. – Interior de Abanca Balaídos
Categorías base: 1K e 50 m (acceso pola grada de Río)
Entrega de dorsais
Os dorsais poderán recollerse o día previo, o sábado 25 de abril, na tenda oficial do Celta da Sede na Rúa Príncipe en horario de 10:00h. a 21:00h. Tamén, o domingo entregaranse os dorsais de 8:30h a 9:30h. na tenda de Príncipe para as carreiras de 5K, 10K, a Andaina e a modalidade inclusiva. Mentres, en Abanca Balaídos poderán recollerse para a carreira de 1K e 50m.
Servizos para participantes:
Gardaroupa
- Entrega: Rúa Velázquez Moreno (á altura lateral da tenda do Celta).
- Recollida: Abanca Balaídos.
Duchas
- Dispoñibles en Abanca Balaídos
Avituallamiento
Punto de hidratación a metade do percorrido de 10K.
Avituallamiento final en todas as categorías.
A información completa da carreira e as condicións de participación están dispoñibles na ligazón de inscrición.
Non te perdas a IX Invasión Celeste by Profand e goza dunha xornada única onde o deporte, a solidariedade e o celtismo volven correr xuntos!