Abonados históricos
Celtismo

Xa dispoñibles en Abanca Balaídos as invitacións para abonados históricos

RC Celta

Abonados históricos

Aos poucos ímonos achegando á normalidade da que gozabamos antes da pandemia. O RC Celta mostrou a súa predisposición constante para que o afeccionado celeste senta a maior das comodidades posibles en Abanca Balaídos, e é por iso que, despois de recuperar o 100% de aforo no estadio, damos un paso máis coa recuperación das invitacións para abonados históricos.

Un beneficio co que agradecemos a lealdade dos abonados máis lonxevos, sempre á beira do club e do equipo, tanto nos bos como nos malos momentos. Cun máximo de dúas entradas por partido e non estando dispoñibles para días de club e sempre suxeito a dispoñibilidade de aforo, as invitacións dividiranse da seguinte forma en función da antigüidade de cada abonado:

Prata (+25 anos antigüidade): 5 invitacións por tempada.
Ouro (+35 anos): 8 invitacións por tempada.
Platino (+50anos): 10 invitacións por tempada.

PROCEDEMENTO DA SOLICITUDE: 

Co RC Celta – Vilarreal correspondente á Xornada 14 de LaLiga, retomamos este fantástico beneficio prepandemia. Para iso, as invitacións debe solicitalas o titular do abono na oficina de abonados de Abanca Balaídos en horarios de 10 a 14h, presentando o seu carné abonado e DNI, debendo indicarse o nome e DNI dos beneficiarios das entradas (asistentes ao partido). As entradas son nominais e unha vez emitidas non se pode cambiar o nome.

Para resolver calqueira incidencia o servizo Escoitamos atenderá dúbidas en escoitamos.rccelta.es. Tamén se ofrece atención telefónica no número 986 110 900.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas