Hemeroteca celtismo

Abónate sen saír de casa coa web oficial do Celta

RC Celta

ARTICULO_WEB_CARAS_1300x740.jpg

 

A Campaña de Abonados 2016/17 respira ilusión polo catro custados. O regreso do Celta a unha competición europea tras asinar unha campaña memorable é un aliciente extra para os celtistas, moitos dos cales se apresuraron a xestionar o seu carné para beneficiarse das vantaxes que ofrece o club durante o mes de xuño: desconto do 5% nas renovacións e exención de suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’ tanto para renovacións como para novas altas. A estas condicións engádense as habituais rebaixas a familias e accionistas e a posibilidade de financiar o carné en cómodas cotas até 12 meses.

 

Para os afeccionados que non poidan desprazarse a Balaídos ou que queiran evitar as colas dos despachos de billetes, o Celta ofrece a posibilidade de tramitar a través de Internet o ‘Abono Total’, que inclúe todos os encontros da liga, Copa e Europa League. A web www.celtavigo.org/abonosCelta permite xestionar tanto renovacións como altas de calquera categoría e, tras completar o proceso, pódese recoller o carné a partir do día seguinte nos despachos de billetes de Balaídos, abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas