Cartel_16x9_adidas
Novas club

Adidas e o RC Celta separan os seus camiños tras once anos de colaboración

RC Celta

Adidas e o RC Celta acordamos mutuamente terminar co patrocinio ao final da tempada 2023/2024. Tanto Adidas como o RC Celta estamos moi agradecidos por facer desta unha longa e exitosa colaboración, con grandes momentos vividos nas últimas 11 tempadas, entre eles a recente celebración do Centenario do RC Celta co club, xogadores, veteranos e os seguidores do equipo.

Adidas foi o primeiro provedor histórico do RC Celta no ano 1982, unha relación oficial que se mantería ata 1986. Más de vinte anos despois, ambas marcas volvían cruzar os seus camiños na tempada 2013/14 alongando o seu contrato ata a actualidade. Durante esta etapa, Adidas foi a precursora de equipamentos que formarán parte para sempre da historia do club como a vestimenta empregada nas Semifinais de Europa League ante o Manchester United ou a do noso ano de Centenario. Ademais, leváronse a cabo numerosas coleccións especiais como Adidas Vintage, Ice Mint ou, a máis recente, Adidas Originals que sempre tiveron unha gran aceptación entre a afección celeste.

Agora, tras 11 tempadas xuntos, é hora de emprender un novo camiño desexando grandes éxitos a ambas as partes.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas