A proposta realizada polo presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, de adquirir o estadio de Balaídos para proporcionarlle un futuro solvente e sólido ao club tivo un gran respaldo por parte dos afeccionados e da cidadanía, segundo despréndese das enquisas realizadas por varios medios de comunicación.
Neste sentido, resultan moi significativos os resultados da enquisa realizada nas últimas horas por Faro de Vigo. A pregunta, clara e directa, foi: Defende que Balaídos siga sendo público ou apoia a súa venda ao Celta?.
Os resultados son moi reveladores e cunha participación moi elevada: votaron máis de 6.300 persoas e un 74,4 fixérono a favor da venda ao RC Celta do Estadio de Balaídos, datos que desvelan o masivo apoio de afeccionados e cidadáns á proposta do presidente celeste.
Esta enquisa tivo unha participación que multiplica até por seis a doutras anteriores que realizou este medio de comunicación sobre diversos asuntos de actualidade.
En La Voz de Galicia formulouse a pregunta: Que che parece a proposta de venda de Balaídos ao Celta? E máis da metade dos votantes apoiaron tamén a venda de Balaídos ao club vigués.
A proposta de Carlos Mouriño de dotar ao Celta dun futuro sólido e esperanzador, de seguir xuntos club e cidade mediante a venda do estadio, ten por tanto un masivo respaldo de afeccionados e cidadáns.