Hemeroteca celtismo

Afouteza, a palabra máis buscada da semana no dicionario da RAG

RC Celta

afoutezacarne.JPG

 

Ensinémoslle ao mundo o significado de afouteza. Este foi a lema da campaña de abonados do RC Celta o pasado verán e parece que o obxectivo do mesmo se está cumprindo… literalmente. A lista de palabras máis buscadas no dicionario dixital da Real Academia Galega está presidida esta semana por “afouteza”, un termo moi arraigado no celtismo e que agora, tras uns días nos que a familia celeste ha vivido unha montaña rusa de emocións, toma maior significado.

 

Así se define a palabra no dicionario da RAG:

 

1. Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades.

 

2. Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme.

 

Celtismo, seguimos xuntos: AFOUTEZA!

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas