Hemeroteca club

Afouteza e Corazón: Balaídos estreará nova lona na Bancada de Tribuna

RC Celta

070214_instalacion_lona.jpg

Protagonismo para a afección, cuxo apoio foi e é clave para o equipo

Os afeccionados que acudan durante os próximos días a Balaídos atoparanse cunha nova imaxe no estadio celeste. A Bancada de Tribuna lucirá unha nova lona na que poderán lerse dúas palabras cun significado especial para os seguidores do Real Club Celta: Afouteza, Corazón.

 

Tras elas poderá verse, desde unha perspectiva real e cunha atractiva transparencia, o estadio vigués repleto de afeccionados, o aspecto que mostrou na partidos clave das últimas tempadas, nos que o equipo gozou do firme e decidido apoio do celtismo, como veu ocorrendo tamén na actual campaña.

 

A nova lona substitúe á instalada hai uns anos con figuras relevantes na historia do club, que agora ocupan un lugar nas diferentes portas de acceso ao estadio de Balaídos.

 

Os traballos de instalación xa comezaron, aínda que se viron dificultados polos temporais que sofre estes días a cidade.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas