FAROLA.jpg
Celtismo

Afouteza elixida Palabra do Ano 2017

RC Celta

Cun 48% dos votos emitidos en O Portal das Palabras, afouteza é a Palabra do Ano 2017. Esta iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a promoción e difusión da lingua galega en internet, sinala a palabra vinculada ao celtismo como a máis representativa deste 2017. “O mellor resultado posible: un partido que gaña a lingua!” afirman desde a RAG.

O termo, que forma parte do himno celeste foi un dos grandes protagonistas da histórica tempada 2016/17, primeiro como tema central da campaña de abonados e máis tarde, na eliminatoria europea ante o Manchester United, como parte da lema This is Afouteza en torno ao que se uniu todo o celtismo e que captou a atención de todo o mundo.

Segundo O Portal das Palabras, “2017 foi o ano no que afouteza conquistou unha vida nova: saltou do campo de fútbol á rúa, da rúa aos medios e tamén se introduciu en textos de diferente tipo, espertando a curiosidade de quen non a coñecía e pasou a incorporala ao seu tesouro léxico persoal. A palabra, cun sólido fundamento histórico, foi nestes meses gañando posicións no espazo da fala e o léxico vivo”.

Votaron por afouteza 3.004 persoas, das 6.228 que participaron na elección. Independencia foi a seguinte en número de votos con 939, e sapochoncho a terceira con 830. Eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina completan, por esta orde, a clasificación final.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas