Hemeroteca celtismo

Agasallo de Reis: Os nenos poderán ver o Celta-Athletic de Copa por só 1 euro

RC Celta

iniciativa_copa_athletic_221214.jpg

O resto das entradas para este partido de ida dos oitavos de final manteñen os prezos habituais

 

O fútbol regresa a Balaídos en 2015 cun partido especial pola súa transcendencia e a entidade dun rival emblemático nesta competición. E tamén pola data na que chega. O Real Club Celta recibe ao Athletic Club no partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei o Día de Reis (17.00 horas). O club quere que os grandes protagonistas desta entrañable data reciban o seu agasallo: Os nenos menores de 15 anos poderán acudir ao estadio para presenciar o partido por tan só 1 euro.

 

Partido atractivo ante un adversario que de xeito tradicional ten a esta competición entre os seus principais obxectivos, non en balde gañou a Copa en 24 ocasións e é o segundo equipo de España en número de títulos. Como agasallo de Reis, o club pon á venda entradas por tan só 1 euro para os nenos menores de 15 anos, que poderán gozar por esta cantidade simbólica dun apaixonante encontro de oitavos de final.

 

As entradas para o público en xeral manteñen os prezos habituais desde a pasada tempada. En categoría adulto son de 25 euros para as gradas de Marcador e Gol, 35 para Preferencia, 40 para Río Baixo e Río Alto e 50 para Tribuna. Para a categoría sub-25, as entradas oscilan entre os 15 euros de Gol, Marcador e Preferencia e os 25 de Río.

 

A oficina de abonados abre de luns a venres con horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. As entradas ordinarias poden adquirirse tamén a través da plataforma online: www.celtavigo.org/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas