Hemeroteca club

Ainda é posible: “Eu creo no Celta”

RC Celta

EuCreoNoCelta.jpg

Mensaxe do Real Club Celta aos abonados e afeccionados celestes

 

Aínda é posible. O Real Club Celta ten este domingo en Valladolid unha última oportunidade para soñar coa permanencia, e o equipo aférrase a ela con todas as súas forzas. Os xogadores cren, e a afección, principal sostén, exemplar durante todo o ano, imprescindible, tamén, como mostra o masivo desprazamento a Valladolid de afeccionados para arroupar ao conxunto celeste neste transcendental encontro do domingo ante o Valladolid.

 

O club e o plantel queren agradecer a abonados e afeccionados o apoio incondicional que ofreceron ao equipo durante toda a tempada e tamén este gran esforzo de desprazarse a Valladolid para ofrecer o seu alento nun partido vital. “Eu creo non Celta” ben podería ser a lema dunha viaxe para a esperanza, unha esperanza que aniña no vestiario celeste e percorre de arriba abaixo ao celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas