
As entradas para a bancada visitante do partido Oviedo – Celta, que se xogará o próximo 20 de decembro, están esgotadas, pero a gran demanda dos nosos afeccionados levou ao club a buscar unha solución.
O Celta puxo en contacto co Real Oviedo, que reservou outro sector contiguo á bancada visitante, con localidades dispoñibles a 65€. A venda deste novo cupo farase co mesmo sistema de reparto que o anterior, e os afeccionados interesados poderán inscribirse ata o venres 12 de decembro ás 17:00 h.
O club quere agradecer de antemán ao celtismo por este desprazamento masivo e ao Real Oviedo polas facilidades e por ofrecer un maior porcentaxe de entradas para os nosos afeccionados do que marca o convenio habitual. Pola súa parte, o Celta tamén se esforzará para que os seguidores do Oviedo poidan gozar do partido de volta en Abanca Balaídos, a pesar das limitacións de aforo polas obras no estadio.
Importante: se rexeitarán solicitudes de celtistas que xa conseguiran entrada no sorteo anterior.