O Real Club Celta celebrou hoxe a tradicional comida de fin de tempada nun ambiente extraordinario, cargado de emotividade pola excelente tempada realizada, culminada coa clasificación para competición europea tralo fenomenal desempeño do equipo e o intenso traballo e esforzo de todos os estamentos do club.
Ao evento asistiron o consello de administración, co presidente Carlos Mouriño á cabeza, directores, corpo técnico e xogadores do primeiro equipo e filial, así como todo o persoal do club.
A satisfacción polo obxectivo deportivo alcanzado e o continuo crecemento do RC Celta presidiron unha comida na que quedou unha vez máis patente que o club é unha gran familia.