Un grupo de seguidores da localidade de Potsdam apoiaron aos celestes ante o Málaga
O estadio de Balaídos recibiu este venres no partido ante o Málaga unha visita especial. Na grada animaron ao Real Club Celta un grupo de afeccionados alemáns que cada ano acoden a un partido invitados por unha das peñas celestes. Os teutóns gozaron do espectacular recibimiento da afección ao equipo e do extraordinario ambiente xerado polo celtismo para este encontro para despois presenciar o choque entre os seguidores vigueses.
Estes afeccionados proceden da localidade de Potsdam, berce do SV Babelsberg 03, club fundado no ano 1903 e que na actualidade xoga na Regionalliga Nord.