recorrido-bus-celta-betis-o-escudo-ao-balcon.jpg
Celtismo

Ante o Betis, partido vital co alento da afección desde balcóns e ventás: #OEscudoAoBalcón

RC Celta

O RC Celta afronta este sábado ante o Betis unha partido clave polo calendario, que xa se esgota, polo último resultado, pola clasificación, polos enfrontamentos dos rivais directos… É un encontro de vital importancia no que, de novo, non estará o verdadeiro motor do equipo, a afección.

Non estará no interior do Estadio Abanca Balaídos, pero si chegará o seu apoio, o seu alento e empuxe desde os balcóns e xanelas. Uns poucos representarán a todos. O club anima aos afeccionados das rúas situadas entre o Hotel Eurostar, en Beiramar, e o estadio a que apoien ao equipo con bandeiras, bufandas, camisetas… desde balcóns e xanelas no seu camiño cara a Balaídos polas rúas Coruña, Praza de América e Fragoso. O autobús celeste sairá do hotel ás 15.10 cara o estadio.

O RC Celta promove esta iniciativa de apoio ao equipo co cancelo #OEscudoAoBalcón

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas