chaves-antonio-circulo-empresarios-conferencia-2017.jpg
Novas club

Antonio Chaves, protagonista nas charlas do Círculo de Empresarios de Galicia

RC Celta

Antonio Chaves, director xeral do RC Celta, participou este xoves nunha conferencia organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia dentro do seu programa “Máis que cañas”. O directivo celeste repasou para os asistentes a última década do club, na que o RC Celta logrou unha transformación espectacular que lle levou a vivir actualmente un dos mellores momentos na súa historia.

Chaves subliñou os esforzos do club e de Carlos Mouriño por dotar ao RC Celta de patrimonio propio, unha ambición forxada desde os inicios do seu mandato como presidente celeste co obxectivo de construír unha entidade autosuficiente e competitiva á vez que sólidamente ancorada á cidade de Vigo ante posibles intereses estranxeiros.

Insistiu no empeño da entidade por ancorar o club a Vigo co desenvolvemento de diversos proxectos encamiñados a dotalo de patrimonio e desta maneira evitar a posibilidade dun cambio de sede mediante a compra do club por parte doutras empresas. Puxo como exemplo, como xa fixo o presidente nalgunha ocasión, a posibilidade de que alguén teña un equipo en Segunda División con miras de ascenso a Primeira e o máis fácil sería comprar outro club noutra zona e provocar un cambio de domicilio social. Explicou que esas posibilidades que existen actualmente en España fíxolles reforzar aínda máis a súa idea de dotar ao club de patrimonio e ancoraxes para que nunca o Celta poida abandonar a cidade.

Así mesmo, recalcou que o club se atopa nun momento economicamente forte que lle permitirá afrontar con “afouteza” todos os plans de futuro para Vigo e a súa área metropolitana.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas