O RC Celta dá inicio á tempada 25/26 co lanzamento da súa Campaña de Abonados “Orgullo”. Nesta campaña, que arrinca hoxe e estenderase ata o 19 de xuño, o club espera contar con todo o apoio do celtismo para afrontar unha das tempadas máis ilusionantes dos últimos tempos.
Este ano, o Carné Celtista Abonado, novo nome do antigo Carné Abonado, presenta varias novidades. Entre elas destaca a posibilidade de, por un suplemento inferior ao prezo dunha entrada, transformar un Carné de calquera categoría nun de adulto, sendo así transferible a elección do abonado ese asento o día de partido.
Para aqueles interesados en facerse abonados na tempada 25/26, o club continúa coa lista de espera habilitada fai dous cursos.
Con todo iso, e tras unha tempada inesquecible que nos levou a Europa, o club desexa continuar sentindo ao celtismo tan preto como o fixo na 24/25, defendendo con orgullo estas cores e este escudo.
DATAS CRAVE
En canto a datas, a renovación de abonos comezará hoxe mesmo, martes 10 de xuño, e estenderase ata o xoves 19 de xuño; o cambio de asento ou bancada poderase facer do martes 24 de xuño ao venres 27 de xuño; a cobranza dos recibos irá do martes 1 ao sábado 5 de xullo; as novas altas do martes 1 de xullo ao venres 4 de xullo; e do venres 1 ao xoves 7 de agosto realizarase a cobranza do suplemento de Europa.
EUROPA LEAGUE
Volven as noites europeas a Abanca Balaídos. Se non te queres perder ningún encontro do RC Celta na próxima edición de Europa League, tes a opción de ampliar o teu abono de LaLiga + Copa do Rey a un abono total con Europa League, abonando un suplemento. Este inclúe un mínimo de 4 partidos, xa que che dá dereito a asistir aos encontros da fase de grupos e a todas as posibles eliminatorias que se disputen en Abanca Balaídos.
O suplemento terá un custo único equivalente ao 20 % da cota base do teu abono, segundo a túa categoría e zona, e non se aplicarán descontos.
- Como solicitalo?
Ao renovar o teu abono de LaLiga + Copa do Rey, deberás indicar no Portal do Celtista se queres engadir este suplemento. É importante facelo entre o 10 e o 19 de xuño, xa que, se non o solicitas dentro deste prazo, entenderemos que non desexas incluír os partidos da Europa League no teu abono.
COMO TRAMITAR A MIÑA RENOVACIÓN E A DO MEU NÚCLEO FAMILIAR
Para levar a cabo a renovación, os abonados e os seus núcleos familiares poden acceder ao Portal de Abonados a través de dispositivos móbiles, tablets ou desde calquera outro dispositivo con acceso a Internet. Simplemente deberán ingresar ao sitio web abonados.rccelta.es e introducir o IDE de Abonado, que se atopa no reverso do carné, e o PIN, que corresponde ás últimas 4 cifras do DNI. En caso de non posuír DNI, a clave para o PIN será 1111.
Como novidade, este ano tamén se poderá realizar a renovación do abono a través da APP oficial do RC Celta: Descárgaa aquí!
Os prezos de abonos por zona aparecen detallados na seguinte táboa:
CONDICIÓNS DE PAGO
Para garantir a comodidade dos abonados, establecéronse tres modalidades de pago dispoñibles:
- Tarxeta de crédito/débito
Os abonados poderán realizar o pago de forma rápida e segura a través de tarxeta de crédito ou débito. Esta opción permite unha transacción áxil e sinxela.
- Domiciliación bancaria
En caso de elixir esta opción, o recibo cargarase automaticamente entre o 1 e o 5 de xullo. Se xa se tiña esta opción seleccionada na tempada anterior e non se desexa realizar cambios, non será necesario realizar ningunha acción no Portal de Abonados, xa que o recibo cargarase de forma automática dentro do prazo mencionado.
- Pago a prazos con domiciliación:
Ofrécese a posibilidade de realizar o pago fraccionado en 4 cotas, correspondentes aos meses de xullo, setembro, outubro e novembro. Os recibos cargaranse durante os primeiros 5 días de cada mes. É importante ter en conta que o pago fraccionado non ten intereses, pero conleva un gasto de xestión do 5% do importe total, o cal se abonará con tarxeta ao momento de tramitar a renovación.
CATEGORÍAS
-
- – Maior de 65: nados antes do 31/07/1960
– Adulto: nados entre 01/08/1960 e 31/07/1994
– Sub 30: nados entre 01/08/1994 e 31/07/1999
– Sub 25: nados entre 01/08/1999 e 31/07/2009
– Sub 15*: nados entre 01/08/2009 e 31/07/2017
– Infantil*: nados entre 01/08/2017 e 31/07/2020
– Miudiños*: nados a partir do 01/08/2020 - *Non poderá haber menores de 14 anos abonados sen un adulto asociado.
Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto ou cunha autorización.
- – Maior de 65: nados antes do 31/07/1960
CARNÉ CELTISTA
E lembra, se non es socio e queres comezar a formar parte desta gran familia celeste, podes conseguir o teu Carné Celtista AQUÍ desde 30 euros e dar o primeiro paso para acceder á lista de espera do Carné Celtista Abonado, obtendo mentres tanto os mesmos descontos e vantaxes exclusivas, agás o asento en Abanca Balaídos.
Para aqueles que xa o teñan, a renovación do mesmo será automática e recibirase o carné físico da tempada 25/26 no domicilio o máis axiña posible.
A campaña de abonados 24/25 xa está en marcha en abonados.rccelta.es
DESCARGA AQUÍ O DOSSIER INFORMATIVO DA CAMPAÑA DE ABONADOS 2025/2026 DO RC CELTA