RC Celta e Artio pecharon un acordo de colaboración polo que a marca galega de bebidas isotónicas convértese en provedor oficial de As Celtas. Un acordo que se estenderá ata decembro de 2024 con posibilidade de continuar coa alianza polo resto da presente tempada.
Os servizos médicos do club, xunto co departamento de nutrición, apostan por esta marca que ofrece produtos completamente naturais, veganos e sen azucres nin aditivos artificiais. Elaboradas con auga de mar de Galicia e enriquecidas con vitaminas e 78 minerais biodisponibles, como o magnesio e o zinc, as bebidas isotónicas Artio hidratan e fortalecen o sistema inmunológico protexendo os músculos ademais de favorecer unha dixestión saudable. Uns produtos que serán proporcionados a As Celtas, así como, ao primeiro equipo e que axudarán a optimizar ao máximo o rendemento e a competitividade das xogadoras e xogadores.
O RC Celta mostra a súa satisfacción de poder pechar esta alianza cunha empresa galega, coa cal comparte a súa filosofía de arraigamento polas raíces, e coa que traballará conxuntamente polo desenvolvemento do fútbol feminino e do deporte na nosa comunidade a partir das bases.