Hemeroteca celtismo

As billeteiras abren este sábado, último día para tramitar o carné do Celta con condicións especiais

RC Celta

colasabonados100616.jpg

 

Restan xa só unhas horas. Os abonados celestes que desexen renovar o seu carné do Real Club Celta con condicións especiais: desconto do cinco por cento, acumulable ao familiar ou de accionista, e acceso sen suplemento aos partidos designados como Día do Club, un mínimo de tres, deberán acudir este sábado a Balaídos para renovar o seu abono. Os afeccionados que queiran darse de alta e beneficiarse desta última vantaxe dispoñerán tamén da xornada de mañá para xestionar o seu carné.

 

O horario de atención ao público en Balaídos este último día de campaña con condicións especiais será de 9.00 a 20.00 horas. O club anima a aqueles abonados e afeccionados que aínda non tramitaron  os seus carnés a que o fagan ao longo da xornada de mañá para que poidan gozar das mencionadas vantaxes.

 

As taquillas de Balaídos permanecerán pechadas o luns e martes da próxima semana por motivos técnicos e reabrirán o mércores xa co horario normal do mes de xullo, de 9.00 a 15.00 horas.

 

Toda a información sobre a Campaña de Abonados aquí

Abónate online aquí

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas