Hemeroteca club

As camisetas de adidas esgótanse nunhas horas e os afeccionados poden xa realizar reservas

RC Celta

tienda-camisetaadidas.jpg

Gran aceptación dunha equipación que o equipo estreará no partido de Copa ante o Real Madrid 

 

A camiseta especial de adidas que o Real Club Celta estreará no partido de Copa do Rei ante o Real Madrid tivo unha aceptación extraordinaria. A tenda oficial do club rexistrou longas colas ao longo da xornada de hoxe e as preto de 300 camisetas postas á venda esgotáronse esta mesma tarde.

 

Dada a gran demanda existente, o club pon a disposición dos afeccionados un vale para reservar a peza, que estará de novo á venda o día 21 do presente mes. Desta maneira, cunha entrega de 20 euros, os seguidores celestes poderán garantir a compra da camiseta a partir da chegada da segunda remesa.

 

En calquera caso, a tenda do Celta situada na sexta planta do Corte Inglés de Vigo porá á venda mañá a partir das 18.30 horas un número limitado de camisetas, reservadas para as últimas compras para o Día de Reis.

 

Trátase dunha camiseta especial que adidas e o Real Club Celta lanzan con motivo da continuación da súa relación, xa que máis de 25 anos despois a firma alemá volverá ser patrocinador oficial do club, que asinou con adidas un contrato de longa duración -catro tempadas- que verá a luz co equipamento oficial da campaña 2013-2014.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas