Hemeroteca celtismo

As camisetas para unha tempada histórica, á venda na tenda do Celta

RC Celta

2camisetas1617.jpg

 

O RC Celta xa ten camisetas para a tempada 2016/17, unha campaña histórica na que o club vigués volverá competir nun torneo continental, a Europa League. As novas elásticas estarán á venda a partir deste mércores na tenda oficial do Celta en Balaídos e na web www.tiendacelta.com

 

Para celebrar a chegada das novas camisetas, o Celta agasallará aos primeiros 50 afeccionados que adquiran algunha das elásticas na tenda de Balaídos cun premio moi especial: a posibilidade de participar nunha sesión de fotografía profesional, idéntica á que cada ano protagonizan os xogadores do primeiro equipo, na que pousarán coas camisetas oficiais 2016/17.

 

De entre todas as imaxes, o club realizará unha selección que se incluirá nun catálogo no que afeccionados e futbolistas do Celta compartirán protagonismo.

 

Primeiro equipamento

A camiseta celeste recupera este ano o pescozo redondo, de cor azul escuro do mesmo xeito que as liñas verticais dos costados, aceno de identidade de adidas. Como novidade, a elástica do primeiro equipamento inclúe por primeira vez detalles en amarelo, como o xa tradicional trisquel celta na parte posterior da peza.

 

Segundo equipamento

O segundo uniforme xoga coas cores secundarias da camiseta celeste. O azul escuro convértese en protagonista absoluto e o amarelo utilízase en detalles como as liñas sobre os ombreiros ou o trisquel nas costas. A cor representativa do Celta, o azul celeste, mantén a súa presenza cunhas finas liñas verticais no frontal da peza.

 

Tecnoloxía e sustentabilidade adidas

As camisetas oficiais incorporan un ano máis a tecnoloxía punteira Climacool de adidas, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor.

 

Ademais, as elásticas están fabricadas con poliéster reciclado, unha fibra sintética baseada en residuos post-consumo, tales como botellas de plástico e pezas de vestir usadas. Desta maneira redúcese o impacto ambiental no proceso de fabricación sen deixar de facer produtos de alto rendemento para o atleta.

 

Descontos e horarios

Os afeccionados que presenten o abono 2016/17 ao realizar unha compra na tenda oficial gozarán dun 10% de desconto exclusivo, un aliciente máis para tramitar canto antes o carné de abonado para a próxima tempada.

 

Os novos equipamentos oficiais poden adquirirse na tenda do Celta en Balaídos, aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, en www.tiendacelta.com  ou na tenda oficial do Celta situada no Corte Inglés de Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas