A emoción polo regreso a casa mestúrase coa ilusión por unha tempada que xa é histórica. Esta fin de semana, As Celtas debutan en A Madroa ante o Bizkerre Club, na súa estrea oficial en Segunda Federación tras un ascenso que marcou un antes e un despois na entidade celeste.
Sergio Álvarez, conselleiro do Celta e responsable da área de fútbol feminino, destaca o carácter dun plantel que se viu reforzado este verán para facer fronte a “un salto de calidade importante nesta categoría”. As Celtas afrontan esta nova etapa con ambición, pero tamén cos pés na terra. “A esixencia vai ser maior que a tempada pasada pero o equipo está preparado para competir contra calquera rival”, destaca.
Sobre o Bizkerre Club, Sergio ten claro que “será un partido complicado, pero sería moi bonito arrincar a tempada sumando os tres puntos en casa”. Para iso, o conxunto de Vicky Vázquez necesitará novamente a calor dunha afección que a campaña pasada demostroulles o seu incansable apoio. A tempada arrinca xa, así que, non te perdas todos os seus partidos en casa grazas ao teu Carné Celtista As Celtas co que ademais estarás a axudar a consolidar un proxecto que augura seguir dándonos moitas alegrías.
Esperámosvos a todos, mañá ás 16:30h. en A Madroa, para arrincar unha nova e ilusionante campaña xunto a As Celtas. Un partido que será o punto de partida dun ano cheo de obxectivos por cumprir.
“O equipo está preparado para conseguir a primeira vitoria da tempada”
Unha entrevista moi especial con @sergioalv1 na previa do noso primeiro encontro de liga en #SegundaFederaciónFUTFEM ✊🩵 pic.twitter.com/7ZTTBQg1SP
— As Celtas (@AsCeltas) September 5, 2025