O RC Celta reorganiza o cadro técnico dos equipos de As Celtas co obxectivo de fomentar a promoción interna, algo polo que o club está a apostar en todos os ámbitos da entidade. Nesta liña, producíronse unha serie de cambios na estrutura do proxecto de As Celtas.
Desta maneira, o ata o de agora adestrador do filial, David Ferreiro, pasará a ocupar o posto de segundo adestrador do primeiro equipo de As Celtas. Xunto con Vicky Vázquez, traballará na boa liña na que o equipo celeste ha arrincado a súa primeira tempada en Terceira Federación.
Por outra banda, Mara Jiménez promociona de técnica de As Celtas Cadete a adestradora do filial celeste onde seguro continuará coa gran liña competitiva coa que iniciaron a campaña.
O club deséxalles a ambos o maior dos éxitos nesta nova etapa que agora emprenden.