as-celtas-imagen-corporativa
As Celtas

As Celtas suma solidez defensiva coa fichaxe de Paula Vior

RC Celta

as-celtas-imagen-corporativa

Talento e experiencia súmanse ao proxecto de As Celtas para esta ilusionante tempada en Segunda Federación. Paula Jimena Vior, defensa de 26 anos, incorpórase ao conxunto dirixido por Vicky Vázquez co obxectivo de achegar solidez e versatilidade á liña defensiva.

Natural de Oviedo, Paula conta cunha ampla traxectoria deportiva, sendo capaz de desempeñarse con solvencia tanto como central como no lateral. A súa carreira arrincou con tan só 5 anos no Astur CF, onde deu os seus primeiros pasos para, posteriormente, pasar polo Juventud Estadio e o Oviedo Moderno. O seu talento non pasou desapercibido, sendo convocada nese momento pola Selección Española sub-16.

Convertida en internacional, asinou polo Sporting de Xixón onde permaneceu cinco tempadas ata que no 2021 trasladouse as Illas Canarias para xogar no Real Unión de Tenerife, onde compartiu vestiario coa súa agora compañeira en As Celtas, Lara Martínez. Na súa volta á península, a súa etapa máis recente foi no Atlético Villalonga onde permaneceu tres tempadas ata recalar no conxunto celeste.

Con esta incorporación, As Celtas dá un paso máis no seu obxectivo de formar un bloque competitivo para afrontar a próxima tempada que iniciarán en apenas uns días.

Benvida, Paula!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas