Eva López González (19 de abril do 2000) é a nova integrante do conxunto de As Celtas. A dianteira de 24 anos incorpórase procedente do Umia FC.
Natural do Val d’Aran (Lleida) conta cunha longa traxectoria profesional que transcorre entre diferentes equipos como o Armenteira CF, Arousana CF e o Umia CF, equipo polo que fichou con tan só 14 anos.
O talento e a afinidade de Eva non pasou desapercibida e ao longo da súa carreira recibiu diferentes recoñecementos que avalan a súa calidade como xogadora: premio Galicia Sport 2021 a mellor xogadora semiprofesional, Top 3 a mellor dianteira nacional nos premios global soccer e top 3 dianteiras do Grupo I de Nacional nos premios Gols Media 2021.
Con Eva López, As Celtas suman unha xogadora cun gran perfil goleador que seguro será clave no plantel do conxunto celeste.
Benvida, Eva!