20240907_AsCeltasVSVitoriaCF_329
As Celtas

As Celtas: Un ano de vida, un ascenso, un soño que só acaba de empezar

RC Celta

Hoxe, 9 de maio, cúmprese un ano do nacemento de As Celtas. Parece mentira, pero hai xa 365 días que club e celtismo reuníanse na Madroa para dar a benvida a un proxecto que asomaba a cabeza cargado de ilusión, identidade e compromiso. O primeiro contacto pel con pel que marcaría o inicio dunha nova era, o inicio dun novo capítulo celeste, o inicio dun soño que levaba anos xestándose e que, en tan só doce meses, xa deixou unha pegada indeleble.

O que comezou como unha promesa, é hoxe unha realidade que supera calquera expectativa; As Celtas lograron o seu primeiro gran obxectivo, o ascenso a Segunda RFEF. Pero o verdadeiro éxito desta tempada vai moito máis alá dos resultados. É a historia dun equipo que, desde aquel 9 de maio de 2024, perdido entre as follas do calendario pero latente na memoria, soubo construír unha familia dentro e fóra do campo. Un grupo de xogadoras, corpo técnico e afección que deron os seus primeiros pasos da man, xornada tras xornada, sempre na mesma dirección.

Desde o debut de As Celtas o 7 de setembro de 2024, onde o equipo bautizouse xunto ao celtismo en Abanca Balaídos e cultivou a súa primeira vitoria—grazas os primeiros goles da historia asinados por Camila Pescatore e Ana Toubes—, ata alcanzar o récord histórico de asistencia na Madroa, este curso estivo cargado de sentimento e repleto de momentos para o recordo. A inauguración dos seus novos vestiarios, a creación da súa primeira pena federada, “As Guerreiras Celtas”, o primeiro Trofeo de Liga das Infantís, o ascenso do filial… Todo contribuíu a forxar a identidade dun equipo que non fixo outra cousa que crecer.

Os números impresionan: 24 vitorias, 110 goles e un ascenso histórico en apenas uns meses. Pero o que emociona é como se conseguiron. Con entrega, con esforzo, con Afouteza e con Corazón. As Celtas demostraron que saben gañar, si, pero tamén que saben loitar cando o camiño complícase. Que saben levantarse. Que están feitas doutra pasta.

E se o equipo foi valente, a afección non se quedou atrás. As Celtas sentiron a calor do celtismo en cada partido, en casa e fóra, e o club non pode estar máis orgulloso por ese apoio incansable. Grazas afección, por crer e por estar, sempre.

Hoxe, 9 de maio, As Celtas pechan o seu ano cero con matrícula de honra. Un ano de vida. Un ano de historia. Un ano inesquecible. As Celtas “xa están aquí”. E veñen para quedar.

Parabéns, guerreiras!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas