Tras o histórico ascenso logrado en Valladolid o pasado mes de maio, As Celtas volveron ao traballo este luns nas instalacións deportivas de A Madroa, iniciando oficialmente a súa pretemporada para unha nova e ilusionante campaña en Segunda RFEF.
O equipo retomou a rutina de adestramentos con enerxías renovadas, moitas caras novas e todas as ganas de chegar no mellor estado de forma ao comezo ligueiro. Para iso, terán por diante un calendario de pretemporada moi esixente e competitivo:
- Sábado, 9 de agosto: As Celtas vs. Lóstrego CF (partido a porta pechada)
Mércores, 13 de agosto – 18:00h: Vitória SC vs. As Celtas - Domingo, 17 de agosto – 17:00h: Atlético Vilalonga vs. As Celtas
Sábado, 23 de agosto – 12:00h: FC Porto vs. As Celtas (A Madroa)
Domingo, 31 de agosto – 17:00h: As Celtas vs. Olímpico de León vs. Avilés (partido triangular)
Aos poucos, As Celtas comezan a quentar motores para unha tempada que promete moitas emocións. A súa estrea oficial na Segunda RFEF será en A Madroa, fronte ao Bizkerre Club, a primeira fin de semana de setembro. Se aínda non coñeces o calendario oficial de As Celtas para a tempada 25/26, AQUÍ O TES.