A venda de billetes para o Celta-R.Madrid mantén o seu bo ritmo con máis de 1.000 despachados
Balaídos acolle este sábado ás 16:00 horas un importante partido ante un rival de enxunlla, a Real Sociedad. O alento das decenas de miles de celtistas que acudan ao estadio vigués será unha vez máis clave para facerse co botín do tres puntos e achegarse un pouco máis ao obxectivo da permanencia.
As entradas manteñen os prezos que foron habituais ao longo de toda a tempada, entre 15 e 25 euros para Sub-24 e entre 25 e 50 euros para adultos. A oficina de abonados despachará ata este venres os billetes en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o día do choque poderán adquirirse nos despachos de billetes de Balaídos desde as 10 horas até o comezo do encontro. As entradas tamén están dispoñibles as 24 horas do día nos despachos de billetes online: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |
RC Celta-Real Madrid
O bo ritmo na venda de entradas para o partido ante o Real Madrid mantense unha semana máis. Xa se venderon máis de 1.000 entradas a falta dun mes para este atractivo enfrontamento, un dato que convida a pensar nun magnífico ambiente na penúltima xornada de Liga e última a disputar no estadio de Balaídos.
Ao ser Día do Club, os abonados que renovaron ou se deron de alta despois do 19 de xullo ou 31 de decembro en caso dos anuais deberán retirar un suplemento de 20 euros en categoría adulto e de 10 euros en Sub-24 con polo menos 10 días de antelación, mentres que aqueles que tramitaron o seu carné con anterioridade ás devanditas datas poderán acudir ao encontro sen ningún custo.