Hemeroteca celtismo

As entradas para o histórico RC Celta-Manchester, á venda este martes a partir das 14.00 horas

RC Celta

sigamosoñandoutd1.jpg

 

As entradas para o histórico partido de ida das semifinais da Europa League ante o Manchester United estarán á venda mañá, martes, a partir das 14.00 horas nos despachos de billetes de Balaídos. Os prezos dos billetes para este encontro, un fito nos 94 anos de historia do club, oscilan entre os 50 e os 90 euros.

 

As billeteiras abrirán este martes ata as 20.00 horas e mércores, xoves, venres e sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, mentres que o domingo permanecerán abertas desde as 10.00 da mañá ata o comezo do partido ante o Athletic Club (20.45).

 

Os abonados con abono básico poderán adquirir ata o sábado e ao prezo de venda ao público unha entrada para ocupar neste partido europeo o seu asento asignado en Liga. A partir do luns 1 de maio poranse á venda os asentos que non fosen reservados polos mencionados abonados.

 

As entradas para o histórico RC Celta-Manchester United tamén estarán dispoñibles en liña en www.celtavigo.org/taquillaCelta este martes a partir das 14.00 horas.

 

Por outra banda, o club estuda a posibilidade de abrir a bancada de Fondo, actuación pendente de temas burocráticos. A información sobre as entradas para o partido de volta en Manchester facilitarase en próximas datas.

 

precios2utdbalaidos.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas