Hemeroteca celtismo

As Illas Cíes acolleron a presentación das equipacións Adidas para o Celta 14/15

RC Celta

adidas1415-01.jpg

Os novos uniformes estarán á venda na tenda oficial do club ao redor do día 10 de xullo

 

Os novos uniformes Adidas do Real Club Celta 2014/2015 presentáronse esta tarde nun enclave incomparable: as Illas Cíes. A praia de Rodas acolleu un evento que contou coa participación dos xogadores Rubén Blanco, Hugo Mallo, Santi Mina e Charles, quen estrearon as novas camisetas ante os medios de comunicación, os centenares de afeccionados que gozaban do día na illa e un bo grupo de celtistas que non quixo deixar pasar a cita.

 

adidas1415-05.jpg

 

As novas equipacións deseñadas por Adidas utilizan unha gama de cores novas até agora na historia da vestimenta céltica. O primeiro equipamento mantén o habitual deseño sinxelo e elegante, aceno de identidade de Adidas, pero engade en pescozo, ombreiros e mangas detalles en rosa fucsia, unha cor innovadora no mundo do fútbol e que marcará tendencia. A camiseta, que mantén os logotipos dos seus patrocinadores principais, continúa presentando o trisquel celta na parte traseira do pescozo.

 

adidas1415-04.jpg

 

A segunda equipación rompe totalmente coa gama de cores utilizada até agora nos 90 anos do club. O verde é o absoluto protagonista deste uniforme, unha cor que fai referencia á paisaxe galega e que, sumado á elección dun referente ambiental como as Illas Cíes para a presentación das camisetas, pon de relevo o compromiso do RC Celta na protección e potenciación dun dos maiores valores de Galicia: o seu ecosistema.

 

Na presentación tamén puido verse a primeira vestimenta de porteiro, cun deseño sobrio que emprega as cores vermella e branco, representativas da cidade de Vigo. En canto os dorsais, a empresa galega Caramuxo foi a encargada de deseñar unha tipografía exclusiva para o Celta unha tempada máis.

 

adidas1415-02.jpg

 

A nivel tecnolóxico, ambos uniformes cumpren cos máximos estándares de calidade de ADIDAS. A primeira vestimenta conta coa innovadora tecnoloxía ‘adizero’ da marca alemá, un avance que proporciona un peso moito máis livián á peza (menos de 100 gramos) e ventilación adicional. A segunda camiseta incpora a tecnoloxía Climacool, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor.

 

adidas1415-03.jpg

 

 

As equipacións Adidas 2014/2015 poranse á venda na tenda oficial do Real Club Celta sobre o 9 de xullo. Os abonados do club contan cun 10% de desconto sobre o prezo final da peza, que para o público xeral será de 65€.

As Illas Cíes, un dos emblemas paisaxísticos e ambientais das Rías Baixas, non só serviu de escenario para a posta de longo dos equipamentos oficiais 2014/2015. O club aproveitou a ocasión para realizar un anuncio protagonizado polos futbolistas célticos, producido pola empresa galega GF-Studio, e que verá a luz nas próximas semanas. Este orixinal acto contou na súa organización coa estreita colaboración do ‘Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia’, o ‘Restaurante Rodas’ das Illas Cíes e a empresa ‘Nabia Naviera’.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas